As illas dos mortos

Este blog leva moitos meses parado, moitos de vós xa de seguro o dávades por morto. Igual tiñades razón, pero agora vou devolvelo á vida como un cutre Frankenstein de provincias.

Xeorama reanimation

Xeorama is rising from the grave.

Pese a esta resurrección, esta ave fénix da xeografia non vai voar lonxe, porque de mortos vai a cousa: véñovos falar de illas cemiterio, illas só habitadas por mortos. Acompañádeme nun apaixonante percorrido polos rincóns máis mortos de todos os continentes.


· Isola di San Michele (Venecia, Italia, Europa)

isola san michele 1

Esta pequena illa sirve de cemiterio á cidade dos canais desde hai máis de 2 séculos. Antigamente, os mortos de Venecia enterrábanse na propia cidade en tumbas desperdigadas, agás  nas grandes epidemias, nas cales se recurría á máis alonxada illa de Poveglia, na cal se estiman que se depositaron e queimaron máis dun millón de corpos humanos durante as distintas plagas que asolaron a Venecia medieval. Entre a incrible cantidade de morte e pestilencia que se verteu nela, e a posterior construcción dunha prisión para enfermos mentais, xa abandonado, non é de estrañar que circulen rumores de espíritos e encantamentos.

Pero volvamos a San Michele, que está moito máis cuidadiña e luce mellor, con esa elegante decadencia típica da cidade dos canais. Nesta illa Mauro Codussi deseñou a primeira edificación renacentista da cidade veneciana, a igrexa para os monxes benedictinos. Foi coa ocupación das tropas napoleónicas que se decidiu dedicar San Michele ao último descanso dos veciños.

san-michele

Ampliouse a illa, que medrou ata solaparse coa veciña Isola di Cristoforo, e organizouse unha división ortogonal dos espacios, unha cuadrícula con barrios para os xudeus, os protestantes, católicos, evanxélicos e ortodoxos, organizada en rúas para os mariñeiros, os sacerdotes, etc. Entre os seus ilustres habitantes atópanse Igor Stravinski ou o entrenador de fútbol Helenio Herrera.

560

Para saber máis sobre San Michele:
· Muerte en Venecia – Meridianos. (Español)
· La laguna della morte di Venezia – VeneziaLike. (Italiano)


· Hart Island (Nova York, USA, América)

hart-island-1

Hart Island, abaixo á dereita

Comparar San Michele con Hart Island sería como comparar un Rolls Royce cun autobús de liña de ALSA. Exclusividade e elegancia ante funcionalidade e servicio. Porque Hart Island é o último servicio público que empregan quenes non teñen nada na cidade de Nova York. Quenes non teñen nin vida.

En Hart Island véñense enterrando ao redor de 1500 corpos ao ano desde 1870. Jane Does que ninguén recoñece nin reclama; xente sen fogar nin familia; bebés que nacen mortos; e mesmos membros amputados nos hospitais públicos.

inmates burying babies

Presos de Rikers enterrando cadaleitos de bebés, 1991. Fotografía por Fred R. Conrad / The New York Times

Xestionado polo Departamento de Prisións, os restos humanos que chegan son enterrados polos presos da veciña prisión de Rikers, en grandes fosas comúns con capacidade de ata 150 corpos adultos, ou 1000 bebés. Os presos recollen os restos e colócanos en sinxelos féretros tamén feitos por presos, que logo apilan na fosa, en 3 alturas. Unha vez chea, tapan, e póñense a cavar novamente.

70 pés de longo, 20 de ancho, e 6 de fondo, para encher con este Tetris macabro dos desperdicios humanos da gran cidade.

Recoméndovos algúns xeniais artículos escritos sobre Hart Island:
· A Prison for the Dead – The Awl. (Inglés)
· Hart Island, New York’s secret graveyard – New Internationalist (Inglés)
· Islands of the Undesirables: Hart Island – Atlas Obscura (Inglés)
· Visiting the Island of the Dead – New York Times (Inglés)
· 1,000,000 Buried on Forbidden NY Island – Real Clear (Inglés)
· What We Found at Hart Island – Gizmodo (Inglés)


· Isla del Rey Francisco (Arquipélago das Chafarinas, España, África)

islarey001
Esta illa da costa mediterránea de Marrocos pertence a España, xunto co arquipélago das Chafarinas do que forma parte, desde o 1848, ano nos que os españoles as ocuparon para frear a expansión francesa no norte de África e manter control sobre o estreito de Xibraltar.

Neste arquipélago nunca antes houbera ocupación estable, pero desde entón mantívose presenza militar nelas, especialmente na illa Isabel II, a de mellores condicións na que chegou a haber 1000 habitantes e mesmo poboación civil.

juandelac.cementerio

A illa do Rey Francisco (que era o marido de Isabel II alá pola época na que os españois se estableceron aquí) empregouse como cementerio, e nela descansan os restos de 197 persoas.

Para saber máis sobre a illa Rey Francisco:
· Territorios de España en el Mediterráneo – Blog de Banderas (Español)


 

· Buromskiy Island (Antártida)

Ivan_Khmaras_Stone_Buromsky_Island_Cemetery_cropped

Si, hai illas-cemiterio en todos os continentes.

Esta illa atópase no arquipélago das illas Haswell, illas rocosas na costa do continente antártico, moi perto da estación permanente de investigación soviética (agora rusa) coñecida como Mirny Station.

11384583995_33cf65c679_b

Selo conmemorativo da expedición que deu lugar ao establecemento das bases permanentes soviéticas na Antártida, Mirny e Vostok.

En xaneiro do 1956, Ivan Khmara morreu nun accidente, e na súa honra colocouse unha placa nesta illa. Máis tarde, en agosto do 1960, uníronselle a él oito cidadáns soviéticos, suizos e da Alemaña Oriental, que logo dun incendio na Estación Mirny, atoparon descanso eterno en Buromskiy.

14074881

Para saber máis sobre a illa Buromskiy:
· Buromskiy Island – Wikipedia (Inglés)


· Isle of the Dead (Port Arthur, Australia, Oceania)

IsleOfTheDead

Como o seu nome indica, esta pequena illa na costa de Tasmania serveu xa desde que se instalou xente na veciñanza como lugar de enterramento dos mortos.

Port Arthur, na illa de Tasmania, Australia, é un pequeno e (case sempre) tranquilo pobo, hoxe en día convertido prácticamente todo el en museo ao aire libre, lembrando a súa orixe como colonia penal.

port-arthur-historic

A Port Arthur, entre 1833 e 1877, chegaron os presos máis perigosos, ou cando menos máis revoltosos, do Imperio Británico. Eran presos que, unha vez chegados a Australia, reincidían nos delitos polos cales xa os desterraran orixinalmente. Xa que logo, en Port Arthur aplicábanse as medidas de seguridade máis estrictas das prisións británicas, baseándose nas teorías de Jeremy Bentham e o seu Panopticon.

Aos que morrían neste penal enterrábaselles nunha illa veciña, que deu en chamarse xa que logo Isle of the Dead. Nela consérvanse 18o tumbas marcadas, as do persoal penitenciario, para un total de 1646 enterramentos rexistrados.

Gravestones_Isle_of_Dead_Tasmania_Port_Arthur

Hoxe en día, o pobo é explotado como unha das atraccións turísticas históricas máis importantes e visitadas de Australia, rexistrado xunto con outras antgas colonias penais como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 2010.

Para saber máis sobre a Isle of the Dead:
· Isle of the Dead – The Companion to Tasmanian History (Inglés)
· Isle of the Dead Cemetery Tour – Port Arthur Historic Sites (Inglés)


 

· Sunken Cemetery (Isla Camiguin, Filipinas, Asia)

Q

Vale, agora vou facer trampa. Esto non é un cemiterio nunha illa. Esto é unha illa emerxida sobre un antigo cemiterio afundido. Explícome.

A illa de Camiguin é unha pequena illa volcánica no arquipélago das Filipinas na cal viven unhas 85000 persoas. Nunha das poboacións da illa, Catarman, había unha pequena capela cristiá dos españois, e ao redor dela un cemiterio. En 1871, entrou en erupción o Monte Vulcan (encántanme os nomes filipinos), e esa erupción durou ata 1875, tempo no cal o monte medrou… 2000 pés!

Nesa erupción, ademáis de dar o estirón o Monte Vulcan, afundiuse gran parte do pobo de Catarman, incluindo o seu cemiterio.

Q (1)

Os restos das tumbas inda se vían en marea baixa, ata o 1948, no que unha nova erupción soterrou definitivamente o cemiterio baixo a lava solidificada, deixando unha pequena illa de roca volcánica no lugar.

cemetery-of-camiguin-32

Nesa illa construiuse unha gran cruz en 1982, en homenaxe ás persoas enterradas no pequeno cemiterio baixo a lava e o mar.

cemetery-of-camiguin-26

Para saber máis sobre o Sunken Cemetery:
· The Sunken Cemetery of Camiguin – Collective Intelligence (Inglés)
· The Sunken Cemetery of Camiguin – Amusing Planet (Inglés)
· Sunken Cemtery of Camiguin Island – Philippines Travel Wiki (Inglés)

 


Banda sonora do post: Some Enchanted Evening – Blue Öyster Cult

Arredor do cambio de hora

GauDaliRelojBla2

Antes de nada, comprobade que os vosos reloxos estén pola hora nova. Xa estamos na mesma franxa horaria? Ok, podemos seguir.

Examinemos agora a introducción que vos acabo de facer, e dicídeme se vedes algún erro ou localismo, algo que non necesariamente se aplique a todo o mundo. Non son difíciles de ver, están resaltados.

En primeiro lugar, a expresión hora nova refírese ao cambio horario que se produce nunha serie de países entre horario de verán e horario estándar. E por outra parte, ao falar de franxa horaria, salvo que sexamos censores de televisión, normalmente referímonos ao fuso horario, a cada unha das 24 partes nas que se divide o globo terráqueo, centradas en meridianos de lonxitude múltiplo de 15º, e nas cales, teóricamente, se sincronizan os reloxos á mesma hora.

Analicemos a orixe e algunhas curiosidades de ambos conceptos.

O horario de verán naceu para gañar unha hora de luz vespertina nos meses de verán, adiantando o reloxo. Deste xeito, nos meses cos días máis longos do ano conséguese manter a hora do amencer dentro do marco horario habitual no que comeza a actividade, e aprovéitase máis a luz solar ao longo do día. De non cambiarse a hora, argumentan os defensores da idea, a maioría da sociedade perdería esa hora de luz solar durmindo.

Horas de luz en Bilbao no ano 2009, apreciando o efecto do cambio a horario de verán.

Horas de luz en Bilbao no ano 2009, apreciando o efecto do cambio a horario de verán.

Proposto por primeira vez polo entomólogo neozelandés George Vernon Hudson, e tendo como principal promotor ao británico William Willet, o horario de verán foi adoptado por primeira vez polas Mittelmächte na I Guerra Mundial o 30 de abril de 1916 como medida de aforro de carbón. O Reino Unido e os seus aliados europeos, así como outros países europeos neutrais, mimetizaron a medida, Rusia adoptouna na primavera seguinte, e USA no 1918.

Logo da guerra, abandonaron a medida todos os países agás Francia, Canadá, o Reino Unido e Irlanda. Na Segunda Guerra Mundial volveuse a adoptar temporalmente nunha serie de países, e foise impoñendo ou abandonando en moitos outros lugares ao longo das seguintes décadas. Un caso curioso foi o de Checoslovaquia, que no 1946 retrasou o seu reloxo respecto ao seu horario estándar entre decembro e o vindeiro febreiro, sendo o único caso de aplicación na historia dun horario de inverno.

A popularización nos países occidentais da medida tivo lugar coa crise enerxética dos anos 70, proposta tamén baixo criterios de aforro, inda que a medida non está exenta de polémica desde o punto de vista económico, polo que dende entón houbo moitos cambios na súa aplicación e abandonos, ata chegar á situación actual.

En cor azul, países que adoptan horario de verán no hemisferio norte; en laranxa, no sur; e en gris, os países que xa non o adoptan.

En cor azul, países que adoptan horario de verán no hemisferio norte; en laranxa, no sur; e en gris, os países que non o adoptan.

Danse casos curiosos nos países federais de gran superficie, xa que algunhas zonas do seu territorio poden decidir manter o uso de horario de verán e outras abandonalo, dando lugar a diverxencias horarias dentro dos habitantes dun mesmo país.

Así, en Canadá non observan o horario de verán a provincia de Saskatchewan, dous distritos da Columbia Británica, a illa de Southampton ou o pobo de Lloydminister. En México, Sonora non cambia a hora. En Brasil, das 5 macrorrexións do país, só empregan horario de verán na rexión Sul, Sudeste, e Centro-Oeste, quedando sen cambios horarios a Norte e Nordeste (no Nordeste, sen embargo, o Estado de Bahía si decidiu aplicar o horario de verán).

En Australia, os diferentes estados non só deciden cando se cambian ou non a hora, senón tamén cando a cambian, e canto adiantan ou retrasan o reloxo (por exemplo, en Lord Howe só teñen 30 minutos de diferencia dun horario a outro). Deste xeito, os aussies pasan de ter 3 zonas horarias estándar a, no horario de verán, ter 5. Ou 6, se preguntas en Eucla, inda que a hora destes últimos non chega a ser considerada oficiail (tampouco é que lles importe moito aos euclanos).

15 minutes to midnight in Eucla.

15 minutes to midnight in Eucla.

Máis curioso, xeográficamente (que é do que se trata, tendo en conta o nome e temática deste o voso blog) é o conto en Arizona. Este estado é o único dentro de USA que non aplica o cambio de hora no verán. Sen embargo, dentro do estado hai unha reserva india, a dos Navajo, que se extende por 3 estados dos catro de Four Corners, e que si realiza cambio horario. Ollo, non rematamos aquí, sigamos descendendo: dentro da zona arizoniana da reserva navaja hai un enclave formado pola reserva dos Hopi, quenes, como os Navajo, teñen recoñecidas certas autonomías no seu territorio, entre elas escoller a hora. E ao estar dentro de Arizona, ao igual que o estado decidiron non adoptar horario de verán. Dentro do enclave hopi, para reatar de liala, temos un contraenclave dos Navajo, que si cambia a hora..

Navajo Nation. O territorio en cor laranxa, así como os estados de Utah, Colorado e New Mexico, cambia a hora. O resto do mapa en verde, non.

Navajo Nation. O territorio en laranxa, así como Utah, Colorado e New Mexico, cambia a hora. O resto do mapa en verde, non.

Retomemos agora o tema dos fusos horarios, que deixamos aparcado. Decíamos que son zonas teóricas nas que se divide o planeta e nas cales se agrupan as horas, pero, como surxiron, e por qué?

Durante a inmensa maioría da historia da humanidade, non se necesitaron horarios precisos e sincronizados entre as diferentes cidades e rexións, e a xente rexíase pola hora solar aparente, a que daría un reloxo de sol, e que varía segundo a localización. Desde a antiga Babilonia os astrónomos xa coñecían a existencia dunha variación na duración do periodo de tempo entre dous mediodías consecutivos ao longo do ano, que moito tempo despois (gracias, Kepler) soupemos que era debida á oblicuidade da eclíptica e á excentricidade da órbita da Terra arredor do Sol.

Nos séculos XVIII e XIX, coa popularización dos reloxos mecánicos, fíxose evidente a diferencia entre a hora marcada por ambos métodos: o efecto acumulado das variacións da duración do día solar produce variacións estacionais de ata 16 minutos entre o mediodía solar aparente e o que marcaría un reloxo de periodo constante. Comezouse a falar entón do tempo solar medio, no cal as diferencias estacionais se compensasen. Durante un tempo conviviron ambos tempos, podendo convertir entre ambos tempos seguindo a Ecuación do Tempo. Mesmo se chegaron a fabricar complexos mecanismos que variaban a duración de cada día seguindo esta ecuación, o que conseguía que o trebello mecánico dese a hora solar aparente.

Diferencias entre o mediodía solar aparente e o mediodía solar medio, na representación gráfica da Ecuación do Tempo

Diferencias entre mediodía solar aparente e medio, na representación gráfica da Ecuación do Tempo.

Co tempo, impúxose o uso da hora solar media respecto da aparente, e cada cidade fixaba a súa propia hora solar media, o que daba diferencias aproximadas de 4 minutos por cada grado de lonxitude. Así, cando en Bristol era mediodía, eran as 12 e 10 en Londres. Esto volveuse máis e máis estraño rápidamente segundo se extendía o uso do novísimo método de locomoción do século XIX, o tren. Por unha cuestión de practicidade, foron as compañías ferroviarias as que adoptaron unha hora común deslocalizada para programar todas as súas operacións. A primeira en facelo foi a Great Western Railway, en novembro de 1840, sendo enxeñeiro xefe Isambard Kingdom Brunel.

O Railway Time popularizouse rápidamente, e nos anos 1850 a meirande parte dos reloxos públicos británicos xa usaban a hora de Greenwich, localidade londinense onde se atopa o Royal Observatory, o cal comezou a retransmitir sinais horarios por telégrafo o 23 de agosto do 1852. Sen embargo, o uso da hora de Greenwich para todo Gran Bretaña non se oficializou ata o 1880, convivindo horas locais e horas estandarizadas.

Reloxo en Bristol, con dúas agullas para os minutos (hora local vs. Railway Time).

Reloxo en Bristol, con dúas agullas para os minutos (hora local vs. Railway Time).

O primeiro goberno en oficializar unha hora para todo o seu territorio foi o da, por aquel entón, colonia británica de Nova Zelanda. Foi o 2 de novembro de 1868. Adoptando un tempo 11 horas e 30 minutos por diante do de Greenwich, converteuse na primeira zona horaria recoñecida.

Nos Estados Unidos, U.S. and Canadian Railroads foron os primeiros en implementar un sistema con múltiples zonas horarias, o 18 de novembro de 1883, The Day of Two Noons. Tratábase de 5 zonas horarias, chamadas Intercolonial, Eastern, Central, Mountain e Pacific, cuxas fronteiras se definían en estacións de tren de cidades importantes.

O primeiro en propoñer que todo o planeta se organizase en fusos horarios foi o canadiense-escocés Sir Sandford Fleming en 1879. No 1884 celebrouse a International Meridian Conference,  na cal se escolleu o meridiano de Greenwich como primer meridiano, estándar internacional para a lonxitude 0º, así como estándar de tempo común en todo o mundo, Greenwich Meridian Time (GMT). Por primeira vez se fixou unha única referencia de tempo para todo o planeta, en lugar de referenciarse cada país a observatorios propios, o que daría diferencias horarias pouco exactas. As horas estándar de cada territorio serían expresadas co desfase pertinente respecto á GMT. Sen embargo, pasou moito tempo ata que os países adaptaron os seus horarios á hora estándar GMT. O último país foi Nepal, no 1986, abandonando o tempo medio de Kathmandú (+5:41:16) por un estándar redondo o máis aproximado posible á súa hora solar media (+5:45).

Fusos horarios e zonas horarias do planeta.

Fusos horarios e zonas horarias do planeta (click para ampliar).

En canto á Liña Internacional de Cambio de Data, a cal separa as zonas horarias de diferencia positiva coa GMT das de diferencia negativa, tan só existe un consenso internacional acerca do seu trazado en termos de navegación marítima, en augas internacionais, dado que se fai coincidir as fronteiras entre zonas de distinto tempo estándar local cos meridianos. Dado que internacionalmente está recoñecido o dereito de cada país a fixar a súa propia hora local, a Liña de Cambio de Data que se debuxa nos mapas varía en función das decisións políticas dos gobernos da zona próxima ao meridiano 180º.

De feito, todo o concepto de Liña de Cambio de Data existe desde antes de estandarizarse as zonas horarias a GMT, mesmo é anterior ao uso de zonas horarias, cando a hora era estrictamente local. E entre os moitos casos de países que decidiron saltarse días, destaca o caso das Filipinas. Cando eran colonia española, os seus intereses comerciais estaban principalmente en México, polo que se definía a fecha local como se estivesen ao leste da liña de cambio de data. Trala independencia dos mexicanos no 1821, os intereses comerciais das illas viraron cara os seus veciños chineses e neerlandeses (colonia das indias orientais). E polo tanto, decidiron saltarse o 31 de decembro de 1844, e pasarse ao lado oeste da liña. Pero o realmente curioso foi que a meirande parte de occidente non se decatou do cambio, provocando que os mapas do mundo dos seguintes 50 anos continuasen dándolle á liña internacional de cmabio de data unha abultada curva a esquerdas.

Liña internacional de cambio de fecha nunha publicación de 1888.

Liña internacional de cambio de fecha nunha publicación de 1888, cunha Alaska xa na mesma data que USA, e coas Filipinas erradas.

Pero olvidemos por un momento as consideracións xeográficas do calendario e volvamos a discutir as do cronómetro. En 1955 inventouse o reloxo atómico de cesio, e con el, a forma máis precisa de medir o tempo que coñecemos. Comezáronse de seguido a traballar na súa calibración precisa para obter estándares de tempo baseados nel, e no 1958 publicouse a relación entre a frecuencia de radiación da transición do cesio-131 co segundo de efemérides, a unidade de tempo estándar ata entón, baseada en cálculos astronómicos (1/31.556.925,9747 do ano tropical). Esta relación serviu para que o Bureau International des Poids et Mesures  redefinise en 1967 a unidade estándar de tempo, o segundo, dun xeito totalmente independiente de observacións astronómicas.

En 1960, o U.S. Naval Observatory, o Royal Greenwich Observatory e o UK National Physical Laboratory decidiron poñer en común os seus traballos na procura de medicións cada vez máis precisas do tempo; nacía así o Coordinated Universal Time (UTC), que pronto se convertiu no novo estándar, inda que moitos gobernos siguen coa súa hora oficial vinculada á hora de Greenwich (entre eles, o británico).

Coas novas ferramentas de medición, puidose observar unha variabilidade nos periodos de tempo de rotación da Terra e da traslación ao redor do sol, o que provoca diferencias entre a duración do día solar medio respecto do seu valor teórico de 86400. Para que o novo e estable estándar de tempo en UTC non se desfase dos estándares baseados no sol, experimentouse con saltos de milisegundos cada certa frecuencia, con resultados pouco satisfactorios.

Variacións observadas na lonxitude do día.

Finalmente, decidiuse establecer un sistema de segundos intercalares, polo cal se engade ou substrae un segundo a un día sinalado, evitando que a diferencia entre UTC e GMT sobrepase nunca os 0,9s. Si, hai unha malvada organización internacional dedicada a roubar ou engadir tempo ás vosas vidas impunemente, incluso co beneplácito da comunidade científica. O IERS monitoriza a rotación da Terra e anuncia con seis meses de antelación cando se vai engadir ou sustraer un segundo intercalar, e desde o 1972 que se implementou o sistema xa leva engadido 25 segundos ao cómputo oficial do tempo, o último, ás 23:59:60 do 30 de xuño do 2012.

Esto débese á variabilidade dos fenómenos cosmicos que rexiron a concepción humana do tempo ao longo da historia, o que fai que na actualidade as medidas de tempo tradicionais quedasen obsoletas no uso da comunidade científica. De feito, o Sistema Internacional non considera oficiais máis unidade de tempo que o segundo e os seus submúltiplos, agora que está definido de forma externa ao movemento relativo dos astros. Tolera o uso, como medidas non oficiais, do minuto, a hora e o día, sempre definidos como múltiplos exactos dos segundos SI (a rotación da Terra e a posición do sol xa non é o estándar do día).

Agora ben, os minutos, horas e días non poden ser medidas oficiais do Sistema Internacional, xa que non son mútiplos en base 10 do segundo. Pero, como se chegou ás unidades de uso actual? Por qué un día ten 24 horas, e cada hora 60 minutos e 3600 segundos? Por qué non días de 10 horas, ou de 100? O día ten unha observación da natureza como trasfondo, o tempo entre dous mediodías consecutivos; pero a hora non é máis que unha convención. Como se fixo tan común o uso dunha base non decimal?

Xenios incomprendidos, os revolucionarios franceses...

Xenios incomprendidos, os revolucionarios franceses

A clave está nas primeiras civilizacións (Sumeria, India, China, Exipto), que organizaban o tempo dividindo as horas de sol de cada día en 12 partes iguais. Empregaban así unha base duodecimal, que facía referencia aos 12 ciclos lunares que se dan entre unha primavera e a seguinte. Intentábase impoñer así ao día unha periodicidade semellante á que se observaba ao longo do ano natural.

Romanos, gregos, xudeus, e a maioría das culturas da antigüidade por todo o globo seguiron con esta concepción da hora como 1/12 do tempo entre amencer e anoitecer, sendo polo tanto unha medida que variaba ao longo do ano. Considérase que o grego Andrónico de Cirro foi o primeiro que dividiu o tempo nocturno en outras doce horas imitando as do día, construindo para tal feito a Torre dos Ventos, na que ademáis dos ventos, medía o tempo con reloxos de sol e cunha clépsidra de auga.  Estas 24 horas, sumando as 12 de día e 12 de noite, foron as que chegaron ata os nosos días, primeiro sendo periodos variables ao longo do ano, e finalmente coa adopción da hora solar media, fixando a súa duración.

En canto á división das horas en minutos e segundos, submúltiplos en base 60, esto débese aos babilonios. As súas matemáticas empregaban a base 60, pois é o número máis pequeno que é divisible por 1, 2, 3, 4, 5, e 6, o que simplificaba moito o traballo con fraccións. Herdeiros dos babilonios, os astrónomos e xeómetras gregos mantiveron a base 60 para as súas observacións astronómicas. Eratóstenes dividiu un círculo en 60 partes ordenadas, minutos, e baseouse nel para idear un sistema xeográfico de latitude. Logo Hiparco modificou o seu sistema para dividir a circunferencia en 360 grados, 6 veces 60. Así, dividindo cada un dos lados dun hexágono inscrito nunha circunferencia en 60 partes, podía lograr reproducir facilmente a súa división da circunferencia, o que levou a que se adoptara como convención para a medida de ángulos o grado sexagesimal. (Nota: hoxe en día, no SI os ángulos mídense en radiáns).

Hexágono inscrito nunha circunferencia.

Hexágono inscrito nunha circunferencia.

Así, seguindo coa costumbre da antiguidade, cando os reloxos mecánicos se popularizaron, mantívose a base 60 para dividir a hora, surxindo os minutos e segundos como medida temporal, fraccións da hora que chegaron ata os nosos días.

En canto ás unidades de tempo superiores ao día, o SI non as considera. Se ven as semanas poderían chegarse a definir como múltiplos do segundo SI, a actual concepción do calendario (ver historia das reformas do calendario) non permite usar os meses e anos como medida de tempo cientifica, ao non ser unidades de valor constante en relación ao segundo. O calendario, históricamente, debe pretender sincronizarse o mellor posible co ano solar, co mes sinódico (lunar) e co día. E dado que a duración da traslación da Terra ao redor do Sol (ano) non é múltiplo da duración da súa rotación (día), nin da traslación da Lúa (mes), non é posible dividir anos nun número exacto de días, nin de meses de duración constante.

Hai, e houbo propostas de dividir o calendario nun número exacto de meses cun mesmo número de días, estandarizando máis a medida do tempo, pero sempre se necesitará de días complementarios para non desfasarse das estacións nin do ano natural. A proposta que tivo máis aplicación foi a do calendario republicano francés, con 12 meses de 30 días, e 5 ou 6 días complementarios para igualarse aos 365 ou 366 do ano gregoriano.

Particularmente, a proposta que me parece máis elegante é a do International Fixed Calendar, ou Eastman Plan, proposto en 1902 por Moses B. Cotsworth, e que foi o calendario oficial da Eastman Kodak Company de 1928 a 1989. Este calendario divide o ano en 13 meses de 28 días exactos, cun día extra ao final de cada ano non aliñado con ningún mes (Year Day). Outro día disasociado a mes, o Leap Day, se engade os anos bisiestos.

Ano de 13 meses, todos de 4 semanas exactas.

Ano de 13 meses, todos de 4 semanas exactas. Todos os 10 de setembro caerán sempre en martes.

Con este calendario, as semanas e os meses poderían empregarse no SI, non así os anos. Mentres liguemos a nosa concepción do tempo ao astro que controla as nosas vidas, intentando sincronizarnos con periodos de fenómenos non sincronizados, e de duración variable, a humanidade non poderá ter un estándar de tempo totalmente racional. Quen sabe si cando abandonemos o noso planeta natal os humanos non adoptaremos outros estándares? De momento, os turnos de traballo dos controladores dos robots exploradores que se envían a Marte xa se rixen polo día marciano, dunha duración de 24:39:35,244. Cando non teñamos astros de referencia, como será a nosa maneira de medir o tempo?

Mesmo o propio concepto de tempo xa é de definición un tanto esquiva… E aquí o deixo, antes de poñerme máis filosófico. Por favor, sede benvidos a divagar comigo nos comentarios.

 

 

 

Para saber máis:
·Múltiples fontes en artigos da wikipedia enlazados ao longo de todo o post.
·La noche más larga del año, alrededor del mundo. Fronteras.
·All the Rest Have Thirty-One. The Making of Sense

 

Banda sonora do post: It’s Not How You Start, It’s How You Finish – The Hours.
Bonustrack: Time – Pink Floyd

O regato que atravesa América

Os Estados Unidos (estrictamente falando, o CONUS) pódense dividir de moitas maneiras, por exemplo:

Coidado, non vos pasedes dividindo os Estados Unidos

Coidado, non vos pasedes dividindo os Estados Unidos.

Todas estas son divisións artificiais do territorio (como as propias fronteiras, por outra parte). Pero podemos escoller outro xeito de dividir grandes territorios continentais, baseado na propia xeografía do terreo: trazando as divisorias de drenaxe, a liña que separaría dúas concas hidrográficas contiguas. E, escollendo río a río e regato a regato coidadosamente, separando aqueles que verten a un ou outro mar ou océano, conseguiremos dividir elegantemente todo un continente. E, xa que os “Contiguous 48” están convintemente encaixonados entre o Atlántico e o Pacífico, resulta moi cómodo empregar este método para dividilos en dúas metades, a vertente atlántica e a pacífica, mediante unha liña que segue os puntos máis altos das Montañas Rocosas.

Liña separando vertentes atlántica e pacífica, atravesando Montana, Wyoming, Colorado e New Mexico.

Liña separando vertentes atlántica e pacífica, atravesando Montana, Wyoming, Colorado e New Mexico.

5025048874_7b25dbed0a_z

Cartel marcando a liña divisoria de augas na estrada US 34, en Colorado.

Pois ben, esta división xeográfica tampouco é correcta ao 100%. Sendo meticulosos, atoparemos irregularidades na liña, como concas endorreicas que se atravesan no percorrido da divisoria, por exemplo a Great Divide Basin, situada no Red Desert, en Wyoming.

Non son estas as particularidades das que vos quero falar hoxe. Quérovos contar a historia de dúas gotas de auga. As dúas formaban parte do mesmo floco de neve, e caeron no inverno nunha meseta nas montañas rocosas, ao noreste de Wyoming, no espacio natural chamado Teton Wilderness. Cando chegou a primavera, no desxeo, a zona na cal caeron foise derretendo, creando unha corrente de auga. Por esa corrente, chegado o momento, se precipitan as dúas pinguiñas, unha ao carón da outra, ata que chega o desastre: topan cunha pedra. E sepáranse, unha corre cara a dereita, a outra cara a esquerda. Nunca se volveron ver. Logo de todo un inverno xuntas, tan brusca separación foi devastadora. E as pingas choraron, e choraron. Choraron cada unha o seu río, e seguiron viaxe metidas nel ata o mar. Pero, ata cal?

O curioso é que esa pedra se atopa no punto máis alto dun porto de montaña chamado Two Ocean Pass. E o regato de desxeo que baixaba desde a meseta era o North Two Ocean Creek. Ao dividirse no porto de montaña, un dos regatos que se forma é o Atlantic Creek; e o outro, o Pacific Creek. Vedes a onde quero chegar, non?

Atlántico a un lado, ao outro Pacífico, ¿e alá na fronte Estambul?

Atlántico a un lado, ao outro Pacífico, e alá na fronte Estambul.

Efectivamente, neste punto da foto, chamado apropiadamente Parting of the Waters, a auga do North Two Ocean Creek divídese entre o Atlantic Creek (cara a esquerda na foto) e o Pacific Creek (á dereita).

O Atlantic Creek é afluente do río Yellowstone, e logo de atravesado o famoso parque nacional, verte ás súas augas, primeiro ao Missouri, e finalmente ao maxestuoso Mississippi, inspirador de Mark Twain nas súas “Aventuras de Huckleberry Finn”, e de milleiros de pesadelos de escolares americanos en concursos de deletreo. O Mississippi finalmente proba a sal nas costas de Louisiana, bailando ao ritmo do jazz de Nova Orleans.

Pola outra banda, o Pacific Creek ten un percorrido máis curto, 2170 quilómetros fronte aos 5610 km que percorre o seu irmán, e menos glamouroso, pois percorre os ríos Snake e Columbia antes de coñecer o océano Pacífico no mesmo punto onde o coñeceron Lewis e Clark, en Astoria, Oregon.

parting

Temos pois, outra posible división dos Estados Unidos tendo en conta criterios de xeografía física: atoparse a un lado ou a outro da maior vía contínua de auga doce do mundo, case 7780 km de costa a costa. De feito, considérase que este regato pode ser o camiño que empregaron os peixes para chegar ao río Yellowstone, xa que moitos outros ríos desa zona non teñen peixe, ao tratarse dunha meseta elevada onde a meirande parte dos cursos de auga forman importantes fervenzas. En palabras do Doutor Barton Warren Evermann, ictiólogo da US Fish Comission que investigou a zona en 1891:

We stood upon the bank of either fork of Atlantic Creek, just above the place of the ”parting of the waters,” and watched the stream pursue its rapid but dangerous and uncertain course along the very crest of the “Great Continental Divide.” A creek flowing along the ridgepole of a continent is unusual and strange, and well worth watching and experimenting with.

We waded to the middle of the North Fork, and, lying down upon the rocks in its bed. We drank the pure icy water that was hurrying to the Pacific, and, without rising, but by simply bending a little to the left, we took a draught from that portion of the stream which was just deciding to go east, via the Missouri-Mississippi route, to the Gulf of Mexico.

And then we tossed chips, two at a time, into the stream. Though they would strike the water within an inch or so of each other, not infrequently one would be carried by the current to the left, keeping in Atlantic Creek, while the other might be carried a little to the right and enter the branch running across the meadow to Pacific Creek; the one beginning a journey which will finally bring it to the Great Gulf, the other entering upon a long voyage in the opposite direction to Balboa’s ocean.

Pacific Creek is a stream of good size long before it enters the Pass, and its course through the meadow is in a definite channel; but not so with Atlantic Creek. The west bank of each fork is low, and the water is liable to break through anywhere, and thus send a part of its water across to Pacific Creek. It is probably true that one or two branches always connect the two creeks under ordinary conditions, and that, following heavy rains, or when the snows are melting, a much greater portion of the water of Atlantic Creek finds its way across the meadow to the other.

It is certain that there is, under ordinary circumstances, a continuous waterway through Two-Ocean Pass of such a character as to permit fishes to pass easily and readily from Snake River over to the Yellowstone, or in the opposite direction. Indeed, it is possible, barring certain falls in Snake River, for a fish so inclined to start at the mouth of the Columbia, travel up that great river to its principal tributary, the Snake, thence on through the long, tortuous course of that stream, and, under the shadows of the Grand Tetons, enter the cold waters of Pacific Creek, by which it could journey on up to the very crest of the Great Continental Divide to Two Ocean Pass; through this Pass it may have a choice of two routes to Atlantic Creek, in which the down-stream journey is begun. Soon it reaches the Yellowstone, down which it continues to Yellowstone Lake, then through the lower Yellowstone out into the turbid waters of the Missouri. For many hundred miles, it may continue down this mighty river before reaching the Father of Waters, which will finally carry it to the Gulf of Mexico—a wonderful journey of nearly six thousand miles, by far the longest possible fresh-water journey in the world.

We found trout in Pacific Creek at every point where we examined it. In Two-Ocean Pass, we obtained specimens from each of the streams, and in such positions as would have permitted them to pass easily from one side of the divide to the other. We also caught trout in Atlantic Creek below the Pass, and in the upper Yellowstone, where they were abundant.

Thus it is certain that there is no obstruction even in dry weather to prevent the passage of trout from the Snake River to Yellowstone Lake; it is quite evident that trout do pass over in this way; and it is almost absolutely certain that Yellowstone Lake was stocked with trout from the west, via Two-Ocean Pass.

united-states-creek

A verdadeira división xeográfica física dos Estados Unidos: todo por un regato que en época seca se queda nun palmo de auga.

 

 

Para saber máis:
· Parting of the Waters. Futility Closet.
· Plano topográfico da zona. Wikimedia.
· Parting of the Waters: a creek that flows to two oceans. US Ends.
· This Creek Divides the United States in Two. From Quarks to Quasars
· Two Ocean Pass and the Mystery of the Fishless Waters. M. Mark Miller
· Mother Nature’s Oddities: Parting of the Waters. Wyoming Tourism

 

Banda sonora do post: Bicoastal Collective: Chapters 1, 2, 3, 4 – Paul Tynan & Aaron Lington.

A “vergoña” xeográfica

A vergoña.

A vergoña. Fotografía de Feans.

Como non fai falta que vos explique, na nosa cultura consideramos unha mostra de cortesía renunciar a coller a última porción dunha comida compartida, que se queda na fonte e se coñece como “a vergoña”. Sen embargo, desde un punto de vista xeopolítico, os distintos estados nunca se mostran tan remilgados, e repártense todo o territorio con ambición, collendo para si todo canto poden, o que deu lugar a un sinnúmero de conflictos fronteirizos que históricamente se resolveron sempre polo método de ver quen a ten máis grande (a forza armada).

Nembargantes, existe unha zona do planeta que é rexeitada sistemáticamente polos dous países que poderían ter dereito a ela; un territorio en disputa, pero no cal ambos contendentes admiten abertamente que é o outro quen ten os lexítimos dereitos de propiedade sobre esa terra. A única “terra nullius” do século XXI, se exceptuamos aquelas do continente antártico, está entre Exipto e Sudán, e chámase Bir Tawil.

A orixe deste conflicto, como de tantos outros do continente africano, está na época colonial. Logo da apertura do canal de Suez, Exipto e Sudán comezaron a atraer a atención das superpotencias europeas, e Exipto caeu baixo a influencia británica. Logo de que Tewfik Pasha pedira axuda estranxeira para sofocar a Revolta de Urabi, o exército británico invadiu Exipto, o que comezou unha ocupación que duraría ata os anos 50, en forma de protectorado e sen unha administración británica directa.

Anglo-egyptian_war

Guerra anglo-exipcia.

Sudán, que estaba previamente en poder dos exipcios, levantouse liderado polo Mahdi Muhammad ibn Abdalla en contra da ocupación británica, ata que unha campaña militar conxunta dos exércitos británico e exipcio silenciou a revolta. Nese momento, os británicos esixiron unha presencia máis directa na zona da que tiñan en Exipto, e en 1899 chegouse a un entendemento polo cal se compartía a soberanía nun condominio exipcio-británico que continuaría ata a independencia do país no 1956. Realmente o acordo convertía a Sudán nunha colonia de facto do Imperio Británico, sen poder real por parte de Exipto.

No contrato entre o Reino Unido e Exipto formalizábase a fronteira de Exipto e o condominio sudanés no paralelo 22, seguindo unha liña recta de máis de 1.000 km a través do deserto. En 1902, e presionados polos británicos, Exipto cede ao Sudán ocupado o control do Triángulo de Hala’ib, un territorio de 20.000 km2 na costa do Mar Vermello. A razón da cesión baseábase en que na zona se repartían unha serie de pozos empregados polos nómadas sudaneses da tribo Bisharin.

Ababda

Beduino no deserto do sur de Exipto.

No mapa no que se trazou esa fronteira administrativa de 1902 decidiuse colocar o territorio de Bir Tawil, un trapecio de 2.000 km2, do lado exipcio, sendo o único territorio exipcio ao sur da fronteira de 1899. O territorio é un trozo de deserto sen ningún asentamento permanente, terra cultivable, e nin sequera un pozo de auga (o nome Bir Tawil significa “pozo alto”, pero ninguén sabe onde estaba ese pozo, e agora non hai rastro del). Os únicos que se aventuraban na zona eran os beduinos nómadas da tribo Ababda.

bir tawil

Bir Tawil.

Cando Sudán acada a independencia en 1956, faise co control do Triángulo de Hala’ib, pero Exipto négase a recoñecelo, esixindo a volta á fronteira de 1899. No 1958, cando Sudán se propoñía celebrar eleccións en Hala’ib, o presidente Nasser movilizou ao exército exipcio á zona, inda que se retirou en menos dun mes. O control da zona mantívose ata finais s. XX en mans de Sudán, xa que a poboación da zona é cultural e étnicamente sudanesa, pero Exipto nunca renunciou ás súas reclamacións.

En 1992, Sudán concedeu dereitos de explotación marítimos en Hala’ib a unha empresa petrolífera canadiense, o que reavivou o interese exipcio, e fixo que os canadienses se retiraran ata que a cuestión da soberanía quedase zanxada. Tras unha serie de negociacións, no ano 2000 o exército sudanés retirouse da zona, cedendo o control efectivo a Exipto. No 2004 descubríronse reservas de petróleo na zona, e o presidente sudanés Omar al-Bashir reclamou novamente a soberanía, inda que o exército exipcio mantén a zona ocupada.

temp

Así as cousas, co interese de ambos países centrado en Hala’ib, temos a Bir Tawil abandonado por todos, xa que a reclamación do primeiro obriga á renuncia do segundo, segundo o acordo fronteirizo que esgrima cada país. Esto convirte a Bir Tawil na terra menos desexada do planeta. Acordádevos dela se algún día decidides montarvos o voso propio Estado.

 

Para saber máis:
· La tierra que nadie quiere. Fronteras.
· The most unwanted territory. Teckler.
· No man’s land. Now I Know.
· Bir Tawil Triangle. Google Sightseeing
· International Boundary Study No. 18 – Sudan-Egypt Boundary. Department of State. US of America.

 

Banda sonora do post: The Unwanted – Music from the Atlantic Fringe.
Bonustrack: Anthem for the Unwanted – New Found Glory

O Telón de Aceiro do século XXI

Trala caída do Muro de Berlín e a disolución da CCCP, os países de Europa do Leste foron desfacéndose pouco a pouco da simboloxía do réxime comunista, ao tempo que lograban a súa independencia. Pero non todos os estados que surxen da disolución están dispostos a renunciar a un pasado tan grandioso: así nace Transnistria, a derradeira “fouce e martelo” de Europa.

BWHammerSickle

Para a comunidade internacional, a rexión de Transnistria non é máis que unha provincia da República de Moldavia, entre Rumania e Ucrania. A rexión, máis concretamente, comprende aqueles territorios máis aló do río Dniester, o que lle dá nome: Trans-Dniester -> Transnistria; ou en ruso, Приднестровье (Pridnestrovia).

A rexión é un val estreito na marxe esquerda do Dniester, duns 4.000 km2, aproximadamente a superficie da provincia de Pontevedra, no que viven unhas 550.000 persoas. A súa capital e cidade máis habitada, Tiraspol, conta con 160.000 habitantes. Considérase parte da rexión tamén a cidade de Bender, xeográficamente fóra da rexión ao atoparse na ribeira dereita do río.

Naddniestrze

Mapa de Transnistria

Pese a ser a efectos internacionais parte do mesmo país, cando alguén viaxa por estrada desde Chisinau a Tiraspol, necesariamente pasará controis fronteirizos ante militares armados, uniformados con símbolos soviéticos, e que esixiran algún soborno para acceder ao país sen visado, imposible de obter xa que non hai oficinas consulares transnistrias en ningún outro lugar do mundo. Tamén deberá cambiar os seus leus moldavos ou euros por Rublos de Transnistria, unha moeda só aceptada nesa rexión, na que se representa a figura de Aleksandr Suvórov, un xeneral ruso do s. XVIII que nunca perdeu unha batalla, e que fundou Tiraspol tras unha victoria contra o Imperio Otomano.

border-checkpoint_2486319a

Posto de control na “fronteira” moldavo-transnistria

Transnistria é entón, a efectos prácticos, unha rexión independente, en mans dun goberno local non recoñecido pola comunidade internacional, que mantén os símbolos da antiga República Soviética. O Estado de facto está considerado un lugar estratéxico no tráfico de armas, un país refuxio de mafias; e os seus dirixentes teñen prohibido o acceso a calquera país da Unión Europea.

Como se chegou a esta situación?

Esta zona formou parte na Idade Media do Rus de Kiev e en 1504 pasou a dominio otomano. En 1792 foi cedida ao Imperio Ruso. A finais do s. XVIII produciuse a colonización de rusos e ucranianos da zona, dado que os seus habitantes orixinais eran rumanos e moldavos, coa intención de defender o que daquela supoñía a fronteira sudoriental do Imperio.

Trala Revolución Rusa pasou a formar parte da República Socialista Soviética de Ucrania, con importante autonomía e con dereitos lingüisticos garantidos para a comunidade rumana-moldava. No Pacto Molotov-Ribbentrop entre a Unión Soviética e o terceiro Reich, parte de Rumanía pasou a control soviético, creándose a RSS de Moldavia entre os ríos Dniester e Prut, á que se lle sumou tamén a rexión de Transnistria. Na Segunda Guerra Mundial, Rumanía anexionou o territorio, producíndose nela un duro episodio do xenocidio do pobo xudeu, coa morte de 100.000 persoas.

0,,17382111_303,00

Trala guerra, a URSS recuperou o control da RSS Moldava. Fomentouse unha economía baseada na agricultura, e desenrolouse unha cultura moldava diferenciada artificialmente da rumana. Impúxose o alfabeto cirílico para o idioma moldavo, e achegáronse os nomes dos pobos e cidades á pronuncia das linguas eslavas. A rexión de Transnistria foi máis industrializada que o resto do país, e nela se acantonou o 14º Exército Soviético, establecendo un importante arsenal na vila de Kolbasna.

Dito arsenal permanecerá na rexión trala disolución da URSS, e a pesar de que se intentou desmantelar con supervisión da OSCE, ao que supostamente se negaron as autoridades transnistrias, hoxe en día 22.000 toneladas de armamento e material militar.

A finais dos 80, coa liberalización da política soviética a nivel local, as repúblicas nas cales os rusos eran minoría viraron cara o nacionalismo; así, na RSS de Moldavia entre 1989 e 1990 fíxose idioma oficial o moldavo no canto do ruso, adoptouse a bandeira tricolor tradicional rumana co escudo moldavo, e o himno nacional pasou a ser o Deşteaptă-te, române!, himno revolucionario de 1848 que tamén foi himno rumano. A finais do 1990 tiraron do nome do país as palabras Socialista e Soviética, pasando ao actual de República de Moldavia.

Cambios na bandeira nacional entre a Moldavia soviética e a actual. Mención de honra para os nostálxicos coa bandeira de Transnistria.

Cambios na bandeira nacional entre a Moldavia soviética e a actual. Mención de honra para os nostálxicos coa bandeira de Transnistria.

Estes feitos, unidos á caída do comunismo tamén na veciña Rumanía e a apertura parcial da fronteira entre ambos países, fixo crer na unión entre Rumanía e Moldavia, o que levaría á alienación da minoría rusa. Minoría que na industrializada rexión de Transnistria era realmente a maioría, polo que naceu o sentimento separatista na zona. Así, o 2 de setembro de 1990 proclámase unilateralmente a República Moldava Pridnestroviana, feito que foi invalidado polo presidente Gorbachov. Transnistria converteuse así nunha república independente de facto, do mesmo modo que as repúblicas, tamén nacidas do desmembramento da URSS, de  AbjasiaOsetia do Sur e Alto Karabaj.

Cando a URSS se foi a pique, todos quixeron ter o seu bote propio.

Cando a URSS se foi a pique, todos quixeron ter o seu bote propio.

No 1991 o parlamento moldavo aprobou a súa propia Declaración de Independencia, que si foi recoñecida. Nela declaraba nulo o pacto Molotov-Ribbentrop, resaltando que a unión da Rexión Autónoma Soviética de Moldavia (é dicir, da Transnistria) coa Besarabia (o resto da actual Moldavia) fora unha ocupación ilegal. O que os moldavos pretendían facer pasar como unha mostra de rechazo da ocupación soviética, os transnistrios interpretárono como unha disolución efectiva das dúas ribeiras do Dniester. As hostilidades aumentaron e levaron ao país á guerra civil.

Nota mental: é moi importante redactar ben as Declaracións de Independencia.

A Guerra Civil Transnistria comezou o 2 de marzo do 1992, día que Moldavia era admitida como membro das Nacións Unidas. Nun primeiro momento, as forzas estaban moi igualadas entre o exército moldavo (que se iba improvisando sobre a marcha, creándose o Ministerio de Defensa para xestionar o enfrontamento) e os milicianos transnistrios (veciños que roubaban armas nos vellos depósitos de armamento soviéticos). Pero os transnistrios recibiron o apoio da 14ª División do Exército Soviético, acantonada en Tiraspol, pese a que a posición oficial desde Moscú era a neutralidade; e contaban ademáis cos arsenais almacenados na zona durante o periodo de dominación soviética, polo que a loita logo se decantou do bando separatista.

Bloqueo da estrada preto de Dubasari durante a guerra civil transnistria, 1992.

Bloqueo da estrada preto de Dubasari durante a guerra civil transnistria, 1992.

Realmente nunca chegou a ser unha guerra aberta, senón máis ben unha serie de pequenos episodios violentos. O máis importante sucedeu o 3 de xullo de 1992, cando para poñer fin aos enfrontamentos, localizados sobre todo na cidade de Bender, un ataque masivo do Exército Ruso a mans do xeneral Aleksandr Lébed masacrou ás forzas moldavas concentradas na zona. Tralo enfrontamento, a Lébed atribúenselle as seguintes declaracións: “I told the hooligans in Tiraspol and the fascists in Chisinau — either you stop killing each other, or else I’ll shoot the whole lot of you with my tanks.” Tras eses sucesos comezaron as negociacións entre ambos bandos, e o 21 de xullo firmaron un armisticio, que inda se mantén vixente.

Nese intre detívose o paso do tempo para Transnistria.

Escudo da URSS nunha parede dun edificio en Tiraspol.

Escudo da URSS nunha parede dun edificio en Tiraspol.

Os símbolos da República Moldava Pridnestroviana continúan a ser os da Moldavia Soviética, tanto a bandeira como o escudo. Séguese a celebrar un desfile militar polas rúas de Tirana cada 9 de maio polo Día da Victoria. As rúas da capital manteñen un gran número de monumentos da época comunista: Lenin, Karl Marx, tanques soviéticos… Os murais e pintadas das rúas fainas o Goberno, non os cidadáns, e repiten eslóganes en ruso, sempre en torno á mesma idea: “A nosa forza é a unión con Rusia”.

Estatua de Lenin enfrente do Soviet Supremo (Parlamento) de Transnistria.

Estatua de Lenin enfrente do Soviet Supremo (Parlamento) de Transnistria.

Trala guerra, o goberno do país foi asumido por un dos líderes separatistas, Igor Smirnov, quen instaurou un sistema multipartidista cun parlamento unicameral chamado o Consello Supremo (ou Soviet Supremo), en continuación directa co sistema que se viña dando nos últimos anos da anterior república soviética.

Tanque soviético engalanado coa bandeira transnistria e colocado a modo de monumento.

Tanque soviético engalanado coa bandeira transnistria e colocado a modo de monumento.

Redactouse unha constitución que recolle o dereito á propiedade privada, e un sistema de elección de presidente mediante votación popular, para un mandato de 5 anos. O estado de Transnistria recolle cooficialidade das línguas rusa, ucraniana e moldava, inda que o ensino desta última está moi limitado. Decrétase tamén a liberdade de prensa, sen embargo a maior parte dos medios de comunicación están en mans do goberno.

Rublos de Transnistria

Rublos de Transnistria

O país ten o seu propio banco central que emite e imprime a moeda propia,  rublo de Transnistria; teñen os seus propios pasaportes (non recoñecidos), sellos de correos (só para uso local), e mesmo sistema de telefonía móvil propio cunhas tarxetas SIM especiais. O que non teñen son embaixadas de ningún outro país, agás Abjasia e Osetia do Sur, na mesma situación de non-recoñecemento internacional.

Cidadá da Transnistria ensinando o seu pasaporte.

Cidadá da Transnistria ensinando o seu pasaporte.

Pese a manter os símbolos do comunismo na bandeira e escudo, nos uniformes militares, nas rúas, e demáis, Smirnov declarou desde un principio crer na economía de mercado, e así, tras gañar as primeiras eleccións, comezou un proceso de privatización das empresas do país, moitas das cales acabaron en mans do Holding de empresas Sheriff, no cal teñen intereses membros da súa propia familia. Como na maioría dos países surxidos do desmembramento da URSS, o poder económico aquí tamén quedou en mans dunha reducida oligarquía.

Supermercado da cadea Sheriff

Supermercado da cadea Sheriff

Existen acusacións por parte de organismos internacionais de que parte da economía do país se basa no expolio dos antigos arsenais soviéticos que quedaron no territorio para a súa venda a milicias, guerrillas e grupos terroristas. Non hai probas concluíntes de ditas acusacións, pero sí un documental moi sensacionalista para a televisión francesa.

Desfile militar en Transnistria.

Desfile militar en Transnistria.

Tras dous mandatos consecutivos, Igor Smirnov perdeu as eleccións de 2011 ante Yevgeny Shevchuk, líder do partido opositor de centro dereita, e que prometía acabar coa corrupción e o nepotismo do país. Veremos como lle vai, de momento non parece que cambiase moito… Por se acaso, irei reservando en canto poda un tour turístico pola última republica soviética.

billboard-coat-of-_2486348a

Para saber máis sobre este curioso país:
· Supreme Council of the Pridnestrovian Moldavian Republic. Web oficial do Parlamento Transnistrio.
· Transnistria, l’últim reducte de la URSS. Mil viatges
· Welcome to Transnistria: a Soviet breakaway territory in Eastern Europe. Galería de fotos no Telegraph.
· The Country That Doesn’t Exist. Vice.
· Weapons Smuggling and Youth Cults in the Country That Doesn’t Exist. Vice.
· Tiras.ru. Web dun periódico propiedade de Dmitry Soin (imaxino, sae en todas as noticias).
· Lugares que no existen. Fronteras.
· Transnistria: Corrupción y tráfico de armas en la última República Soviética. Finding Borja
· Transnistria, un país desconocido. Mis viajes por ahí
· Transnistria, el país que no es. La Vanguardia Magazine
· Dark Tourism: The Last of the USSR, Transnistria. The Bohemian Blog.
· Pridnestrovie: Black hole or paradise?. Subversify.
· Europe’s rogue mini-state clings to Soviet satellite status with threat of nuclear device. The Australian
· Transnistria: A Country That Doesn’t Exist, But Has the Guns to Make You Think Otherwise. Huffington Post.
· All about Transnistria. Transnistria.blogspot.com
· Trans-Dniester Profile. Country Profiles for BBC News

Banda sonora do post: CCCP – Fedeli alla linea

Européens d’outre-mer

Europa. Xa que estamos en ano electoral, voume poñer o meu sombreiro de europeísta (que ultimamente está algo gastado), e vou escribir sobre o vello continente.

A Europa dos... cantos somos xa?

A Europa dos… cantos somos xa? 28?

Pese á crise económica que está a sufrir, para boa parte do mundo, chegar á Unión Europea segue a ser un soño. Un soño que en ocasións pode ter un final tráxico. Ou violento.

Sen embargo, hai persoas doutros continentes que desde o seu nacemento son cidadáns europeos con todas as da lei. Non vou falar dos acordos internacionais que teñen os Estados europeos, porque non me vexo capaz a non ser que queira dedicar o blog exclusivamente a eso. Un caos (un caos en forma de diagrama de Euler cheíño de enlaces!).

Tampouco vou falar das British Overseas Dependencies, porque hai quen o explica moito mellor e con máis gracia. Nin dos restos coloniais de España, que para un post enumerativo, e tan só brevemente descriptivo, como este que ledes, hai pouca miga. Ademáis, sitúanse todas no continente veciño. E si falo do Imperio Español arríscome a que alguén me meta nos comentarios un enlace a “El Imperio Contraataca” de Los Nikis…

Vou falar de Francia. Por varias razóns, a saber:
1) Creo que é a potencia colonial europea que garante maiores dereitos de cidadanía aos habitantes das posesións que conserva (algún experto en dereito internacional na sala para rebatirme?)
2) Ten posesións en todas partes. Mantén a única colonia europea que queda en América do Norte! (chegaremos a ela máis tarde).
3) Ten o récord de vó regular entre territorios do país máis longo: París Roissy-Saint-Denis, Reunión (Francia): 9.349 kilómetros
4) Porque é o meu blog e foi o que se me ocurriu. Que fago eu aquí xustificándome?

Vive la France d'outre-mer!

Vive la France d’outre-mer!

Ben, logo de 300 palabras de introducción totalmente prescindibles, vamos ao que interesa. Preparade café. Lista de territorios franceses de ultramar, de máis a menos habitados, e algúns datos curiosos:

_

2000px-Blason_Réunion_DOM.svgReunión: Con preto de 850.000 habitantes para 2.512 km2, esta illa do Índico, ao leste de Madagascar, é o Departamento de Ultramar máis habitado de Francia. Capital Saint Dennis. Empregan o Euro, son parte do Espacio Schengen… É unha provincia máis de Francia, como as Azores para Portugal.

Pertence ao arquipélago das Illas Mascareñas, hoxe en día todas elas territorio do Estado de Mauricio agás a propia Reunión, e con nomes de illas tan exóticos como as illas “Agalega” (CRTVG likes this) ou os caios “Cargados Carajos“. Os mariñeiros portugueses e españoles eran uns cachondos poñendo nomes.

Ocupada en 1638 e reclamada por Francia en 1642, Luis XIII denominouna “Illa Borbón” (e estábanche ben mellor alí que na Zarzuela, na miña humilde opinión). En 1793, trala Revolución, decidiron cambiarlle o nome a Reunión, xa que as referencias á monarquía estaban mal vistas. En 1801 renomeárona “Illa Bonaparte” para facerlle as beiras a Napoleón; no 1810 os ingleses invadírona e o comodoro Josias Rowley púxolle de novo o nome Borbón (supoño que solo por tocar as narices aos franceses). No 1815 foi devolta a Francia e no 1848 volvérona a bautizar, xa definitivamente, como Reunión. Por fin.

Praias, acantilados, volcáns… O turismo e a natureza son os maiores atractivos de Reunión. Na illa naceron personalidades como a espía na guerra francoprusiana Juliette Dodu, ou o primeiro ministro francés Raymond Barre.

Para saber máis:
· France.fr: Información sobre Reunión do portal do goberno francés.
· Reunion.fr: Portal turístico da Illa Reunión.

Ile La Reunion - Tourism

_
_

2000px-Armoiries_république_française.svgGuadalupe: Pequeno arquipélago do Caribe ao sureste da República Dominicana, a 600 km das costas de América do Sur. 425.000 habitantes en 1.704 km2.

Na illa principal do arquipélago, chamada Karukera (“illa de belas augas”) polos nativos Arawak, e “Gwuada” na lingua creole local actual, nesta illa desembarcou Cristóbal Colón no seu segundo viaxe ás “Indias”, en 1493, e alí descubreu a piña para os europeos. O propio Colón deulle o nome de Guadalupe pola Virxe de Guadalupe, venerada en Villuercas, Extremadura.

No 1635, unha expedición da Compañía de Indias impulsada polo Cardenal Richelieu, tomou posesión da illa, diezmou á poboación indíxena local e levou escravos africanos para o cultivo da caña de azúcar. Tras breves ocupacións dos ingleses, que incluso chegaron a ceder a illa a Suecia brevemente, en 1814 volve definitivamente a control francés. No 1848 abólese a escravitude na illa, e desde o 1871 está representada no Parlamento Francés.

A Riviere-Salee separando as dúas illas principais de Guadalupe.

A Rivière-Salée separando as dúas illas principais de Guadalupe.

O arquipélago está composto polas illas de Guadalupe (que en realidade son dúas illas, Basse-Terre, a capital, e Grande-Terre, separadas por un estreito brazo de mar), Marie-Galante, La Désirade (á que chegou Colón), Les Saintes e Petite Terre.

Xeográficamente, forma parte das Pequenas Antillas, xunto con outras dúas posesions francesas que mencionaremos máis adiante, e que se separaron do control administrativo da propia Guadalupe en 2007.

Para saber máis:
·France.fr: Información sobre Guadalupe do portal do goberno francés.
·Guadeloupe.fr: Portal turístico de Guadalupe.

Guadeloupe - Tourism

_
_

Coat_of_arms_of_Martinique.svgMartinica: Illa do Caribe, que forma parte das Antillas Menores, e dentro deste grupo de illas, pertence ás chamadas Illas de Barlovento. Descuberta por Colón en 1502, os indíxenas chamábana Jouanacaëra-Matinino.

Pertence a Francia desde 1635, e ao igual que Guadalupe, durante séculos se explotou a illa para o monocultivo de caña de azúcar con man de obra escrava, nun infame triángulo comercial América – Europa – África. En Martinica a explotación dos africanos mantívose máis tempo que noutras colonias franceses gracias a acordos cos británicos.

Memorial na honra dos esclavos en Anse Cafard, Martinica.

Memorial na honra dos esclavos en Anse Cafard, Martinica.

Na illa naceu Josefina de Beauharnais, a primeira muller de Napoleón Bonaparte. Pero é coñecida sobre todo pola erupción do Monte Pelée, entre o 2 e o 8 de maio de 1902, evento que destruiu totalmente a primeira cidade fundada na illa, Saint Pierre, e deixou case 30.000 mortos. Deixou 3 supervivintes en toda a cidade, en concreto. Algún deixando ademáis un impresionante relato dos feitos.

Pelee_1902_3

Saint Pierre, Martinique. 1902.

Tralo desastre, e durante todo o século XX, foise recuperando a poboación da illa. Hoxe en día, nos seus 1.100 km2 viven 430.000 cidadáns franceses, tendo a súa capital en Fort-de-France, relativamente lonxe do Pelée.

Para saber máis:
·France.fr: Información sobre Martinica do portal do goberno francés.
·Martinique.fr: Portal turístico de Martinica.

Martinique_Tourism

_
_

2000px-Coat_of_arms_of_French_Polynesia.svgPolinesia Francesa: Os cidadáns deste montón de máis ou menos paradisíacas illas do Pacífico teñen cidadanía francesa, e polo tanto europea; o territorio, sen embargo, non: o nivel de autonomía coa metrópole, que lle permite entre outras cousas imprimir o seu propio diñeiro ou usar o que eles prefiran, amén de ter os seus símbolos, leis e parlamentos autónomos, fan que non sexan considerados parte da Union Europea. Son os territorios coñecidos como Colectividades francesas de Ultramar, en contrapunto aos Departamentos de Ultramar, que si son UE (concretamente considéranse RUP, Rexións Ultraperiféricas da Unión Europea). Como diría C.G.P. Grey, aos europeos mólannos os acordos con moitos asteriscos

Despois deste rollo xeopolítico que só pode interesar a xente que le blogs especializados no tema (oh, wait…), vamos co interesante.

Presumindo de

Air Tahiti presumindo de distancias.

Xeográficamente, a Polinesia Francesa ocupa 2.500.000 km2 de océano, ou en unidades do parte do mediodía, 50 millóns de campos de fútbol. En realidade non son unha única entidade máis que políticamente, subdividíndose en 5 arquipélagos: Illas da Sociedade, Illas Marquesas, Arquipélago Tuamotu, Illas Austrais, e Illas Gambier. E deixaremos aquí a subdivisión, que un “illa a illa” daba xa para o seu propio blog. Ou polo menos para un post de seu, que non descarto para o futuro.

Existen un total de 127 illas principais, máis pequenos atolóns e illotes; 4.167 km2, dos cales 902 km2 (18.000 campos de fútbol) están deshabitados. No resto, repártense os 275.000 habitantes do territorio. 275.000 habitantes en 2.500.000 km2 de mar. Como é de supoñer, a unión entre os distintos grupos de illas antes do contacto co maldito home branco era nula.

Fernando de Magallanes, Álvaro de Mendaña, Jakov Roggeveen, James Cook… Con tantas illas, entre 1521 (Magallanes avista Pukapuka, en Tuamotu) e a segunda metade do s. XVIII, case cada viaxe pola zona daba para un descubrimento.

A diferencia das masacres que tinguen a conquista de América polos españois, os franceses e ingleses iban expulsando reis e declarando protectorados na zona gracias a unha arma diferente: o cristianismo. Misioneros protestantes británicos converteron aos súbditos do rei Pomare II de Tahití, a quen expulsaron; logo chegaron os católicos franceses, e como a poboación local se mostrou hostil, Francia tivo excusa para declarar Tahiti e Tahuata como protectorado francés.

Non vos entran ganas de volver a "convertir catapultas ao cristianismo"?

A vos tamén vos están entrando ganas de volver a “convertir catapultas ao cristianismo”?

Logo, pouco a pouco, Francia foi reclamando illas e cambiando o estatus de protectorado a colonia, ata chegar a posuír todas illas da actual Polinesia Francesa. No 1946 concédeselle aos polinesios a cidadanía francesa.

En 1962, ao independizarse Arxelia, os franceses tiveron que buscar unha nova ubicación para os seus ensaios nucleares, que ata o de agora eran no deserto. E todos sabemos o que lle pasou á pobre Mururoa:

bombe-mururoa1

No 1977 Francia comezou a conceder autonomía á Polinesia, ata convertela na Colectividade que é agora, no 2004. E quen sabe por canto tempo; en Papeete (capital da Colectividade, en Tahiti) xa teñen partidos independentistas, e económicamente non son tan dependentes da metrópole como outras antigas colonias. O turismo e o cultivo de perlas, coco, vainilla e froitas fan que a idea de separarse de Francia non sexa utópica. Mesmo teñen a súa propia moeda renunciando ao Euro, o franco de Polinesia Francesa.

Para saber máis:
·Tahitiheritage.pf: natureza e cultura da Polinesia Francesa.

Polinesia_Tourism

_
_

Emblem_of_New_Caledonia.svg

Nova Caledonia: Chamada Kanaky pola poboación local, os Kanaks, é un arquipélago na Melanesia, a uns 1.500 km de Australia. Nos seus 19.000 km2 habitan 240.000 persoas. Capital Numea.

Descuberta para os europeos por James Cook en 1774, foi disputada polos baleeiros británicos e estadounidenses, e por tratantes de esclavos que reclutaban a indíxenas locais para traballar nas plantacións de caña en Fiji e Queensland. Os nativos mostráronse hostís nun principio á presenza dos estranxeiros, preguntádelle á tripulación do Cutter, presuntamente masacrada e devorada.

Kanaks co traxe típico.

Kanaks co traxe típico.

En 1853, o almirante Febvrier Despointes, baixo ordes de Napoleón III, tomou posesión formal de Nova Caledonia e Port-de-France, a actual Noumea, capital da illa, foi fundada en 1854. Foi colonia penal durante 4 décadas. A poboación indíxena estaba excluída en reservas, e non se lles permitía o traballo, nin sequera como man de obra nas minas. Esto provocou revoltas indíxenas en 1878, que aumentaron a represión ata ben entrado o século XX.

No 1946 recoñeceuse Nova Caledonia como posesión de ultramar da República, e en 1953 concedeuse a cidadanía francesa a todos os habitantes, mesmo aos indíxenas perseguidos un par de décadas antes. Nos seguintes anos pasou a ter diversas consideracións políticas dentro do Estado Francés, pero nunca desapareceron as tensións independentistas da illa.

Á esquerda, o "Rei Jacques" coa súa raíña; á dereita, o futbolista kanak Christian Karembeu coa súa.

Á esquerda, o “Rei Jacques” coa súa raíña; á dereita, o futbolista kanak Christian Karembeu coa súa.

Hoxe en dia está recoñecida como “Colectividade Sui Generis” (si, ese é o nome oficial), un estatus único dentro do Estado que lles garante control sobre impostos, leis laborais, saúde, comercio exterior… Da metrópole depende pouco máis que defensa e asuntos exteriores. Nin usan o euro, prefiren o Franco de Polinesa Francesa. Mesmo crearon a figura da cidadanía kanaka, só para nacidos na illa ou residentes de longa duración, e que é a única que dá dereito a voto nas eleccións locais, convertendo aos franceses en cidadáns de segunda.

No acordo actual con Francia, a partir de 2014 (é dicir, xa), Nova Caledonia pode convocar referendo de independencia. Paradóxicamente, o actual presidente do Congreso Territorial é Philippe Gomes, dun partido anti-independentista. Veremos cantos anos máis dura o “affaire” francokanako.

Para saber máis:
·Office-tourisme-nc: Portal turístico de Nova Caledonia.

Caledonia-Tourism

_
_

French_Guyana_SVG

Guayana Francesa: O único vestixio colonial europeo en Sudamérica, con perdón das Malvinas (por siempre argentinas), Guayana é un Departamento de Ultramar (e por ende, Europa con todas as da lei), limitando con Surinam ao oeste, co Caribe ao norte e con Brasil ao leste e sur. 230.000 persoas habitan os seus 87.000 km2. Capital Cayenne.

Francia colonizou o territorio en 1604, ano no que Luis VIX empezou a contar á xente historias de ouro e de inmensas fortunas fáciles de conseguir. Miles de franceses marcharon, para atoparse con nativos hostiles e enfermidades tropicais. Ano e medio despois, poucos centos sobrevivían, refuxiados nas ribeirás Illas da Salvación.

Visto o resultado, os franceses olvidáronse de establecer unha colonia productiva na Guayana, e dedicáronse a mandar alí xente como castigo. En 1794, cando morreu Robespierre, os seus seguidores foros enviados á Guayana.

Máis tarde, empezáronse a enviar esclavos de África, e a establecer plantacións nas zonas libres de enfermidades xunto aos ríos, traendo properidade á colonia por primeira vez. No 1848, Francia aboliu a esclavitude, e os antigos escravos fuxiron á selva, onde estableceron comunidades matriarcais similares ás que tiñan en África.

2464968995_1

As comunidades Aluku e Djuka, de antigos escravos africanos liberados, teñen hoxe en día o monopolio de paso en barca do río Maroni.

En 1885 volveuse á política de empregar a colonia como presidio, aprobando unha lei pola cal calquera persoa con máis de 3 sentenzas por roubo era “relegada”, enviada a unha prisión á Guayana (a máis coñecida era a da Illa do Diablo), e logo dunha sentenza reducida, eran liberados para converterse en habitantes da colonia.

En 1946 a Guayana convertiuse formalmente en Departamento de Ultramar, e en 1951 pecharon todas as colonias penais. En 1975, estableceuse o Centre Spatial Guyanais en Kourou, actual base de lanzamento de cohetes da Axencia Espacial Europea.

Despeq

Despegue dun Ariane desde Kourou. Vídeo. ESA.

Para saber máis:
·France.fr: Información sobre a Guayana do portal do goberno francés.
·Guyane.pref.gouv.fr: Portal do goberno local de Guayana francesa.

French-Guiana-Tourism

_
_

2000px-Coat_of_Arms_of_Mayotte.svg

Mayotte: É unha pequena illa no extremo norte da Canle de Mozambique, no arquipélago das Comoras. Das catro illas principais do arquipélago, é a única que non pertence á Unión das Comoras, o que ten bastante cabreados ao pequeno estado insular africano. Pero non cos franceses, que xogan noutra liga, senón cos seus veciños mayotenses-franceses, porque foron eles os que hai apenas 6 anos decidiron en referendo integrarse máis na República, votando que os 185.000 habitantes dos 374 km2 de illa pasasen a formar o Departamento número 101 de Francia. Desde xaneiro deste ano a Unión Europea actualizou o seu estatus a Rexión Ultraperiférica, é dicir, parte integral da Unión.

Os piratas árabes fundaran na illa en torno ao 1500 o sultanato Mawuti (que significa “illa da morte”), nome que deformaron os franceses ata o actual Mayotte. Visitada por franceses e portugueses, os estranxeiros que invaden primeiro a illa son os veciños malagasy, de Madagascar, no s. XVIII. No 1841, Francia invade Mayotte, e posteriormente entre 1886 e 1909 extende o seu control sobre todas as “Illas da Lúa“.

Vila costeira de Sada, A Coruñ.... estoooo..., Mayotte.

Vila costeira de Sada, A Coruñ…. estoooo…, Mayotte.

No 1946 Francia concede autonomía administrativa ao arquipélago, co nome de Territorio de Ultramar das Illas Comoras. No 1975, as Comoras declaran unilateralmente a súa independencia da metrópole, absténdose na votación os deputados de Mayotte, illa na que se atopaba o parlamento e a capital do territorio autónomo, Mamoudzou.

No 1976, os habitantes de Mayotte votaron seguir unidos a Francia, e as Comores trasladan a súa capital a Moroni, na outra punta do arquipélago. Rencorosos…

E o curioso é que realmente a Francia a illa de Mayotte non lle importa demasiado, máis ben é un lío político, ao causar tensións con Comores, críticas da comunidade internacional, e problemas coa administración local da illa, que pese a querer ser franceses, basean a súa lexislación na sharia. Empregan o Euro, pero admiten a poligamia e as escolas públicas son segregadas e baseadas no Islam. Demasiado incómodo para a secular Francia.

Para saber máis:
·France.fr: Información sobre Mayotte do portal do goberno francés.
·Mayotte-tourism.com: Portal turístico do goberno local de Mayotte.

mayotte-tourism

_
_

St_Martin_Coat

San Martín: Esta pequena Colectividade de Ultramar do Estado Francés, escindida do Departamento de Guadalupe no 2007, é a que, xunto coa Guayana Francesa, me impide empregar a etiqueta “illas” para este post.

Porque, inda que se sitúa na pequena illa de San Martín, a 240 km2 de Porto Rico, o territorio francés limítase á parte norte da illa, sendo a parte sur Sint Maarten, un país autónomo dentro do Reino de Países Baixos.

Cando me faga rico e me retire, heime mudar á fronteira entre Saint Martin, Francia e Sint Maarten, Holanda e abrir un pequeno bar chamado Bélxica. Cun cociñeiro valón e unha camareira flamenca. (Javier Ramalleira, “De promesas absurdas e chistes de pai”, 2014)

Avión aproximándose ao aeroporto Princesa Juliana, razón principal da fama da illa de San Martín. Vídeo.

Avión aproximándose ao aeroporto Princesa Juliana, razón principal da fama da illa de San Martín. Vídeo.

A illa foi descuberta por Cristóbal Colón en 1493, pero os primeiros en ocupala foron os neerlandeses, establecéndose en 1631. Os españois, que se crían os donos (como de toda América) pero nunca fixeran nada na illa, cabreáronse, guerrearon un pouco, e finalmente cederon a illa a partes iguais a Países Baixos e Francia no 1648. Entre eles estableceron a fronteira actual.

Durante moitos anos St. Martin foi só unha comuna (como un concello) dependente da veciña Guadalupe, pero en 2003 a poboación votou converterse nunha colectividade de ultramar, separada do departamento caribeño. Sendo colectividade, sobre o papel non serían parte da Unión Europea, pero no Tratado de Lisboa estableceuse unha cláusula para que si o fosen. É a única colectividade de ultramar que ve recoñecido o seu territorio como parte da Unión.

Polo tanto, o límite de Europa no leste non é Finisterre, nin o Cabo da Rocha, nin Cornwall nin Coumeenoole (Eire), nin Látrabjarg (Islandia); nin ningunha roca xeada groenlandesa sen nome que os daneses digan que é súa inda que pouco lles quedará (aos daneses, e ao continente europeo)… Non, Europa (a Unión, realmente) acaba aquí.

Olvidábame dos datos: 36.000 habitantes, 53 km2, capital Marigot.

Para saber máis:
·Geographia.com/St-Martin: Páxina oficial de Saint Martin. (eso din, as pintas non son moi alá)

StMartin-Tourism

_
_

2000px-Coa_Wallis_Futuna.svgWallis e Futuna: Tres illas tropicais de orixe volcánica entre Fiyi e Samoa: a illa de Wallis, onde se atopa a capital Mata-Utu, e as “Illas do Corno”, Futuna e Alofi, esta última deshabitada. A lenda di que Alofi estaba densamente habitada, ata finais do s.XIX, cando os nativos de Futuna masacraron e devoraron a toda a poboación nun só ataque.

16.ooo habitantes en 27 km2, as illas forman unha Colectividade de Ultramar de Francia desde 2003, tendo antes o estatus de Territorio de Ultramar.

O realmente curioso destas illas é que o goberno local segue a ser monárquico. Cada illa ten a súa dinastía de reis que administran xustiza seguindo as súas leis locais, en casos non penales. Si, xente: hai monarquías en Francia, a estas alturas. Tanta Revolución e República para esto… Vale, si, a cabeza do Estado é Hollande, e votan representantes na metrópole, pero localmente viven no absolutismo tradicional oceánico.

A tradicional churrascada de entronización do novo rei de Alo

A tradicional churrascada de entronización en honra do novo rei de Alo, Petelo Sea.

Descubertas polos holandeses e ingleses nos séculos XVII e XVIII, en 1837 chegaron misioneiros galos, entre eles, San Pedro Chanel, o primeiro mártir de Oceanía e dos maristas, asasinado polos sicarios dun rei tras lograr a conversión do seu fillo. En 1842 os misioneiros solicitaron protección de Francia, e no 1887 a Raíña de Uvea (na illa de Wallis) firmou un tratado que garantía un protectorado francés. O rei de Sigave, en Futuna, e de Alo, en Alofí, firmaron tratados o ano seguinte, quedando así o arquipélago baixo autoridade do Imperio Colonial Francés.

En 1917 quedaron anexadas as illas a Francia como Colonia de Wallis e Futuna, baixo autoridade de Nova Caledonia; no 1961 pasaron a ser un Territorio de Ultramar de seu, e nas eleccións de 1992, aprobaron a integración na Unión Europea. Non na Eurozona, sen embargo: empregan o Franco da Polinesia Francesa.

Para saber máis:
·wallis-et-futuna.pref.gouv.fr: Páxina oficial da prefectura de Wallis e Futuna

Wallis-Tourism

_
_

2000px-Blason_St_Barthélémy_TOM_entire.svgSan Bartolomé: Ao igual que San Martín, esta illa do Caribe (8500 habitantes, 25 km2, capital Gustavia) separouse do Departamento de Ultramar de Guadalupe no 2007, para pasar a ser Colectividade de Ultramar de seu. Sen embargo, a diferencia de San Martín, e ao igual que as demáis colectividades de ultramar, o seu territorio non é considerado parte da Unión europea, só os seus habitantes. Empregan o euro.

Chamada Ouanalao polos nativos, Colón descubriuna no seu segundo viaxe e deulle o nome de seu irmán. En 1623 chegaron colonos procedentes de Dieppe, e en 1658  capitán francés Lonvilliers de Poincy tomou posesión da illa en nome da Orde de Malta. Establecéronse sen embargo colonos franceses procedentes de Normandía e Bretaña.

De solo rocoso e clima seco, o cultivo de caña de azúcar non era posible, polo que non se introduciron esclavos para plantacións, adicándose ao outro negocio próspero no Caribe da época: a piratería. Esto enfadou aos ingleses, que en 1758 atacaron a illa.

De aparecer por alí, San Bartolomé daría a súa máis calorosa benvida ao capitán Jack Sparrow.

De aparecer por alí, San Bartolomé daría a súa máis calorosa benvida ao capitán Jack Sparrow.

En 1784 Francia regaloulla a Suecia a cambio de acordos comerciais con Göteborg. Si, suecos no Caribe. E foron os que fixeron prosperar a illa, ao fundar Gustavia como porto franco, permitindo o libre comercio e o contrabando. Xa co negocio funcionando, Francia recompraa por 80.000 francos no ano 1877. E dende aquela, a historia estivo ligada á de Guadalupe, ata 2007 como xa dixemos anteriormente.

A beleza natural das súas praias tropicais fana ubicación de moitos posados eróticos, como as edicións de traxes de baño da Sports Illustrated, ou a revista Playboy.

Para saber máis:
·St-barths.com: Portal turístico da illa.

SanBart-Tourism

_
_

2000px-Coat_of_Arms_of_Saint-Pierre_and_Miquelon.svg

Saint-Pierre-et-Miquelon: E chegamos ao último territorio francés habitado lonxe de Francia. Que foi, ademáis, o territorio que me deu a idea para este post, xa que é a única posesión europea en Norteamérica que se mantén en mans da potencia colonial. Good for you, France!!

Este pequeno arquipélago fronte ás costas de Terranova componse de dúas illas principais (adiviñades o nome? Exacto: Illa de San Pedro e Illa de Miquelón). A illa de Miquelón atópase unida por unha lingua de area (poñámonos técnicos: un tómbolo) á pequena illa de Langlade, que quedou sen habitantes permanentes ao morrer en 2006 Charles Lafitte, que vivía alí como ermitaño rodeado de cans. As illas principais están separadas pola “boca do inferno”, un estreito de 6 km de fortes correntes, onde hai rexistrados máis de 600 naufraxios. Éstas, xunto cuns 10 illotes máis, suman un total de 242 km2, nos que viven 7.000 sanpedrinos. Administrativamente son unha Colectividade de Ultramar, pero  ata 1985 foron un Departamento. Empregan o Euro e aceptan o Dólar Canadiense. A capital é a vila de San Pedro.

Habitadas desde a prehistoria, descubríronse ferraentas esquimais datadas 30 séculos antes de Cristo. O explorador portugués João Álvares Fagundes descubriunas para os europeos, e bautizounas como as Ilhas das Onze Mil Virgens en 1520. Os franceses logo lles cambiaron o nome polo de Saint-Pierre, e empregáronas como base pesqueira estacional, especialmente os mariñeiros do País Vasco Francés.

Escena de pesca de balea Vasco-Canadiense. (Michel Hacala)

Escena de pesca de balea Vasco-Canadiense. (Michel Hacala)

Entre 1713 e 1763 os ataques ingleses ás illas obligaron aos franceses a abandonala, así como a ratificación do Tratado de Utrech. No Tratado de Paris, 1763, recuperáronas, inda que como premio de consolación tras perder todo Canadá… A presenza francesa sufriu un novo revés en 1778, cando se posicionaron a favor das colonias americanas durante a Guerra da Independencia, e os ingleses os expulsaron. Polo menos desta vez si apostaran ao cabalo gañador e recuperaron as illas, xa definitivamente.

Durante a Prohibición do Alcohol nos Estados Unidos, a illa foi porto para o tráfico ilegal de alcohol, sendo a principal vía de entrada do viño francés no país. O mismísimo Al Capone visitou a illa en 1927. Na Segunda Guerra Mundial, as illas mantivéronse leais ao goberno de Vichy, provocando tensións con Canadá e USA, ata que un submarino surcouf da Francia Libre  tomou o control das illas sen resistencia en 1941. Así, foi o primeiro territorio en unirse á Francia de De Gaulle.

No 1945 foron declaradas Territorio de Ultramar, no 1976 Departamento, e como xa dixemos, no 1985 Colectividade. Envían un diputado á Asamblea Nacional e un senador ao Senado. En 1992 a Corte Internacional de Arbitraxe delimitou a Zona Económica Exclusiva, poñendo fin a longos pleitos con Canadá: Francia conserva 12 millas náuticas do mar territorial rodeando as illas (o que lles permitía Canadá), outorgánselle 12 milas máis, e un corredor marítimo de 10,5 millas que chega ata 200 millas ao sul. En total, un área correspondente ao 18% do que reclamaba Francia.

Frontón en St. Pierre

Frontón en St. Pierre. Web da asociación vasca Zazpiak-bat.

As illas de San Pedro e de Miquelon dependeron tradicionalmente da pesca de bacalao, e tan só nos últimos anos empezan a desenvolver piscifactorías, granxas de vieiras, e cultivos agrícolas nas illas. Manteñen elementos da cultura vasca, como a harrijasotzea, a aizkolaritza ou a pilota, especialmente durante un festival no verán. Nas illas non se lles dá nome ás rúas; as direccións danse por apodos ou nomes de residentes da zona.

O único uso documentado da guillotina nunha execución en Norteamérica foi aquí, o 30 de decembro de 1888. A guillotina tróuxose desde Martinica, e costou moito atopar a alguén que a manexara. A historia serve de base á película La Veuve de Saint-Pierre de Emir Kusturica.

Para saber máis:
·GrandColombier.pm: Historia das Illas de St. Pierre et Miquelon.

Miqelon-Tourism

_
_

Ata aquí as antigas colonias habitadas de Francia. Quedan posesións sen poboación, sobre todo no Océano Índico, como as illas Crozet, Kerguelen, Illas de San Pablo e Ámsterdam, ou as Illas Dispersas (Bassas da India, Illa Europa, Illas Gloriosas, Juan de Nova e Tromelin). Como moito hai algunha base ou expedición científica.

É curiosa a historia de Tromelin, onde naufragou un barco negrego, e a tripulación branca deixou aos escravos abandonados alí coa promesa de que volverían buscalos. Tardaron 16 anos, e dos 70 homes e mulleres que deixaron, só sobrevivían sete mulleres, e un bebé nacido alí.

Francia tamén reclama territorio na Antártida, Terra Adelia.

Clipperton, un pequeno atolón de 7km2 no suroeste das costas norteamericanas, tamén pertence á República Francesa, e ten unha historia moi sombría.

E finalmente, o último rincón do mundo onde ondea a bandeira francesa: tres casas en Santa Elena, lugar de exilio de Napoleón Bonaparte, pertencente á Coroa Británica. As casas son propiedade privada do Estado Francés, e empréganse como museo adicado ao gobernante, con 8.000 visitantes ao ano.

Este é o final do noso viaxe, acabámonos Francia. Foi un pracer compartir a experiencia con vos. Un saúdo e ata a próxima!

Fontes:
·Wikipedia
·Google
·Paciencia

Banda sonora do post: C’est Si Bon… La France!

A illa-barco abandonada á súa sorte

O viral de internet da semana foi o barco á deriva infestado de ratas caníbales que se dirixía a Reino Unido; pero de popularizarse a historia de Hashima, o balbordo sería se cabe maior.

Hashima (端島), coñecida tamén como Gunkanjima (軍艦島), literalmente “a illa – barco de guerra”, mide 480 m. de lonxitude, e está construída case enteiramente de formigón. Leva dende o ano 1974 abandonada a apenas 15 km. de Nagasaki. Entón, por qué ninguén se preocupa como fixeron os tabloides ingleses co Lyubov Orlova? Pois porque, a pesar do seu aspecto, Hashima é unha illa, e nada a vai mover do sitio.

Panorámica aérea de Hashima

Como chegou Hashima a ter un aspecto tan artificial? Pola minería.  No ano 1887 chegaron os primeiros habitantes á illa, tras descubrirse nela unha importante veta de carbón. Eran pioneros enfrontándose a vivir nunha roca sen ningún tipo de vexetación nin fonte de auga, dependentes por completo do exterior.

No 1890, Mitsubishi mercou a illa e as cousas empezaron a descontrolarse. Construíron un dique rompeolas ao redor de todo o perímetro da illa, e os primeiros grandes edificios de formigón de todo Xapón. Ao redor de 1930 a illa tiña este aspecto:

Hashima en 1930

Durante a Segunda Guerra Mundial foi un obxectivo prioritario para o goberno nipón manter a mina funcionando para abastecer as necesidades de carbón, polo que se chegou a empregar man de obra esclava na mina. Trala guerra mundial, co obxectivo de alimentar a recuperación económica do país, e sobre todo durante a Guerra de Corea, a mina tivo o seu maior crecemento.

Así, en 1959 chégase ao pico de poboación na illa: 5.259 persoas. Tendo en conta que das pouco máis de 6 Ha. de superficie da illa a mina xa ocupaba 2,5 para a súa actividade, temos que na zona habitada chegou a darse unha densidade de poboación de 139.000 Hab/Km2, unha das maiores xamáis rexistradas no planeta.

Habitantes de Hashima nos 60.

Habitantes de Hashima volvendo do mercado, anos 60.

Nos 60, comezouse a traer terra e a plantar as primeiras plantas da illa, creando hortos nas azoteas dos edificios. Ese feito, unido á canalización de auga potable traída desde “terra firme” efectuada na segunda metade da anterior década empezou a facer á illa menos dependente dos barcos que a abastecían. Trouxéronse cociñas, frigoríficos e neveras, e a calidade de vida dos habitantes aumentou. Mitsubishi proporcionaba unha taxa de emprego do 100%, vivenda, auga e electricidade gratuitas a toda a poboación. Foron os anos dourados de Hashima.

Mapa de Hashima nos 60

Mapa de Hashima no seu apoxeo, anos 60.

Pero toda a actividade da illa dependía do carbón, e a finais dos 60 e principios dos 70 empezou a deixar de ser rendíbel a súa explotación, entre outros factores pola popularización no uso do petróleo como combustible en todos os ámbitos industriais. Non houbo ningún interese en reconvertir a industria local por parte da Mitsubishi (recordemos, empresa propietaria da illa). O 15 de xaneiro de 1974, tras anos de reducción de persoal e traslados a outras instalacións da empresa, anunciouse o peche definitivo da mina. En tan só 4 meses, a illa quedou deserta.

Os traballadores da mina foron na súa maioría reubicados noutras instalacións da Mitsubishi, e os mestres de escola, médicos, donos de tendas e pubs, etc. perdían de repente a todos os seus nenos, pacientes e clientes, polo que tamén se viron obligados a marchar. O 20 de abril de 1974 saía o ferry cos últimos habitantes da illa nel.

Os nenos do colexio formando as palabras "Sayonara Hashima" en 1974.

Os nenos do colexio formando as palabras “Sayonara Hashima” en 1974.

Abandonada totalmente á súa sorte, os edificios da illa fóronse deteriorando pola falta de mantemento. A dificultade no acceso preservou os mobles e electrodomésticos que quedaran atrás (tamén eran propiedade da Mitsubishi), polo que co paso do tempo empezou a xerar interese turístico por parte de curiosos que vian a illa como unha burbulla da sociedade nipona dos 60. No 2002, a Mitsubishi transferiu voluntariamente Hashima ao concello de Takashima, que logo foi absorbido no 2005 polo e Nagasaki. No 2009, unha pequena parte da illa foi reaberta ao turismo.

Turista en Hashima. Fonte: gakuran.com

Turista en Hashima. Fonte: gakuran.com

A illa apareceu en documentais como Life After People, serviu como inspiración para a guarida do inimigo de James Bond en Skyfall, e como escenario de multitude de reportaxes fotográficos sobre ruinas e edificios e pobos abandonados. En 2013, Google mandou a un empregado á illa cunha mochila-camara para habilitar unha visita virtual á illa en Street View. O resultado podedes velo en Google Maps.

Ferry saíndo de Hashima

Ferry saíndo de Hashima

Podedes reflexionar sobre o desenvolvemento sostíbel con este pequeno lugar do mundo como exemplo. E agora que sabedes onde está, non dubidedes en visitar Hashima sempre que queirades: ninguén vos espera. Como reza unha pintada alí: “a vida nunca volverá a esta illa”.

Máis información e fotos:
· Hashima: The Ghost Island. Cabinet Magazine.
· Gunkanjima, la isla abandonada de Hashima. Compendium Magazine.
· Battleship Island – Japan’s rotting metropolis. Vice.
· Hashima Island. Wikipedia.
· Gunkanjima:Ruins of a Forbidden Land. Gakuranman.
· Gunkanjima Island. Atlas Obscura.
· The ghost island of Hashima, Nagasaki Prefecture, Japan. Artificial Owl.
· Hashima, the ghost island of Japan. Deserted Places.
· Hashima Island. Enter the forgotten world. Bryan James.

Banda sonora do post: Deserted Island, de Naoki Iwane